Castro

Castro de Santa Mariña

Ferrol · A Coruña

Castro de Santa Mariña, castro en Ferrol

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O castro de Santa Mariña tamén chamado Casal dos Ovos ou Castros Altos de Serantes é un poboado castrexo situado no concello de Ferrol, xunto á igrexa de Santa Mariña, nun alto en forma de chaira dende o que se domina a ría de Ferrol e á vista dos montes de Serantes.

Descrición

O recinto ten forma ovalada e cunhas medidas nos eixos 88 m de norte a sur e de 104 m de leste a oeste. Parte do peche do castro foi destruído polo camiño de aceso actual e por obras na zona. A croa está ocupada por leiras e pequenas construcións. Só se aprecia unha pequena elevación das defensas no perímetro aproveitado como peche das leiras.

Galería de imaxes

Outros artigos

Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 71 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ferrol, a 1,6 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 1,4 km

No concello viven 64.903 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar