Castro
Castro do Petouzal
Narón · A Coruña
Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
O Castro do Petouzal ou Castro do Couto é un castro costeiro de chaira-outeiro fortificado de Narón.
Descrición
O castro está situado na ladeira do monte do Couto de costas á ría de Xuvia e moi preto do Mosteiro do Couto ao que dá nome. Ten unha forma case circular de 87 metros de N-S e 108 metros de E-O. Só se conserva a parte S-E onde se poden ver tres liñas defensivas concéntricas moi próximas entre elas. O resto do castro está moi afectado polas labouras agrarias. A croa foi aproveitada como leira. Sobre a croa pasa unha liña eléctrica. O castro está catalogado e protexido por Patrimonio.
Outros artigos
Cultura castrexa Arco Ártabro
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Castrexa (celta)
Altitude do punto ≈ 55 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Narón, a 1,1 km
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 404 m
No concello viven 39.890 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Avda. Souto Vizoso (casa Sindo)a 392 mUrbanización O Couto-Praza de Galicia (Correos) · Praza de Galicia (Correos)-Urbanización O Couto · Praza da Graña-Urbanización O Couto · Praza da Graña-Urbanización O Couto · Hospital Novoa Santos-Porto (por Navantia) · CPI do Feal-Urbanización O Couto
- O Couto (Picota)a 427 mCPI do Feal-Urbanización O Couto · CPI do Feal-Urbanización O Couto
- Picota (cruzamento)a 430 mPraza de Galicia (Correos)-Urbanización O Couto · Praza da Graña-Urbanización O Couto · Praza da Graña-Urbanización O Couto
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.