Catedral

Catedral de Ourense

Ourense · 1160

Catedral de Ourense, catedral en Ourense

Foto: Fernando · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A catedral de Ourense, baixo a advocación de san Martiño, é un templo católico situado na cidade de Ourense, sede da diocese do mesmo nome. É de estilo románico de transición con influencias cistercienses nalgúns aspectos arquitectónicos e mateanos no eido escultural, pero no que se realizaron numerosas modificacións posteriores. O templo foi construído como unha fortaleza defensiva, como adoitaba facerse nos edificios relixiosos da época. Pódese comprobar esta concepción na estrutura das torres orixinais e nas ameas que coroaban os muros, das que aínda queda algunha mostra se ben a maioría foron eliminadas durante as reformas posteriores. Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931 e recibe os honores de basílica desde 1867, por Breve Pontificio do papa Pío IX asinado o 30 de xuño dese ano . Está rexistrada como Ben de Interese Cultural co código RI-51-0000771.

Orixes

Segundo a narración do historiador da igrexa Gregorio de Tours (538-594), a catedral de Ourense ten a súa orixe nun templo que mandara construír a mediados do século VI o monarca suevo Carriarico (rei de Galicia entre os anos 550 e 559). Este rei tiña un fillo enfermo de gravidade e, coñecedor dos milagres que obraba san Martiño, pediulle a curación do fillo entregándolle diversos obxectos de ouro e prata. Como o fillo non sanara, Carriarico mandou levantar unha igrexa en honor ó santo e conseguiu que lle mandaran reliquias do santo desde Tours, e agora si que curou totalmente; simultaneamente, cesou de socato un andazo de cólera que azoutaba o seu reino. Ante tal milagre, o monarca e a súa corte convertéronse ó cristianismo. A creación da diocese de Ourense pode situarse ó redor do ano 433 O primeiro bispo documentado foi Vitimiro , que asiste en calidade de tal ó Segundo Concilio de Braga, no ano 572. As incursións dos musulmáns a finais do século IX destruíron o templo -e a cidade- pero, ó pouco, o rei Afonso III o Magno costeou a reconstrución dun templo dedicado á Virxe, a san Xoán e a san Martiño, entre os anos 886 e 889, pero Almanzor volveu destruír a cidade no 988, quedando vacante o bispado durante case un século. Por fin, Sancho II comeza a restauración definitiva da cidade cara ao ano 1071. Nomea bispo a Ederonio, quen ordena en 1084 a construción dun novo templo con funcións de catedral sobre as ruínas da antiga igrexa sueva, templo que se erixe onde hoxe se levanta a igrexa de Santa María Nai, preto da Praza Maior . Parece ser que esta igrexa cumpriu nun principio funcións de catedral en tanto se construía a definitiva, aínda que as súas reducidas dimensións non permitía desenvolver o culto satisfactoriamente. Tempo despois, Tareixa de Portugal renova en 1122 o título de cidade para Ourense e confirma o couto da catedral, ampliado logo por Afonso VII. Este notable incremento dos ingresos no bispado permitiu afrontar a construción dun novo templo, xa en plena época do románico, que será a actual catedral de Ourense. Foron os bispos Diego de Velasco (1100-1132) e Martiño (1132-1156) quen decidiron as obras. Baixo o bispado de Pedro Seguín (1157-1169) levántanse as ábsidas e continúan a construción os seus sucesores Adán (1169-1173) e sobre todo Afonso (1174-1213), que a consagra con reliquias traídas de Tours, en 1188. A consagración realizouna Gadino, arcebispo de Braga, coa presenza dos bispos das dioceses limítrofes (Lugo e Tui); o propio rei Fernando II foi quen conseguiu que se trouxeran as reliquias de san Martiño desde Tours. Rematouse a obra a mediados do século XIII, co bispo Lourenzo (1218-1248), coa construción do Pórtico do Paraíso.

Construción

Poden diferenciarse tres fases, que obedecen á intervención de tres bispos. Posteriormente sufriu numerosas modificacións. Na primeira fase, entre 1157 e 1169, os bispos Diego de Velasco e Martiño comezan a construción, e Pedro Seguín levanta a ábsida maior (e probablemente as laterais). As ábsidas laterais foron derruídas no século XVII cando se construíu o deambulatorio. A construción segue as formas maduras do románico.…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Monumento · Catedral católica

Estilo Arquitectura gótica

Dedicado a Martiño de Tours

Paredes Pedra

Tamén chamado Catedral de Ourense

Protección Ben de Interese Cultural

No catálogo RI-51-0000771

Altitude do punto ≈ 154 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ourense, a 875 m

Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 106 m

No concello viven 105.609 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo 32005, Ourense

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar