Ponte romana

Ponte Maior de Ourense

Ourense

Ponte Maior de Ourense, ponte romana en Ourense

Foto: Victor Hermida Prada · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A ponte Maior de Ourense, tamén coñecida como ponte Romana ou ponte Vella, é un viaduto sobre o río Miño situado na cidade de Ourense. Por ela discorre o Camiño de Santiago.

Historia

Ten a súa orixe no século I, cando formaba parte dun ramal da vía XVIII do Itinerario de Antonino, tamén chamada Vía Nova. A situación estratéxica da ponte como nó de comunicacións no centro da Gallaecia aumentou durante os séculos posteriores, contribuíndo ao desenvolvemento da vila. Conserva sete arcos dos once orixinais. Durante o século XII o arco principal da ponte cedeu, dando lugar a unha serie de interminables reparacións e derrubamentos, renovado entre 1230 e 1449, até que no século XVII a reforma final dirixida por Melchor de Velasco Agüero deu á ponte o aspecto actual, indiscutiblemente medieval a pesar de manter elementos romanos orixinais, coma os arcos de inicio. Durante moito tempo o arco central da ponte Maior, cun van de 43 metros, foi o de máis luz de España. A mediados do século XIX, coa apertura da estrada Villacastín-Vigo derrubouse a torre existente na ponte que figura no escudo da cidade. O 19 de febreiro de 1844 tivo lugar unha crecida do río, e deixouse constancia na ponte coa inscrición alta de la avenida de 19 de fb de 1844. Foi declarado monumento histórico por Decreto da xefatura do Estado o 6 de abril de 1961, publicada no BOE o 18 de abril dese mesmo ano. Trala súa peonización en 1989 é un dos tres símbolos principais da cidade xunto coas Burgas e a catedral de San Martiño.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Ponte peonil · Monumento

Paredes Pedra

O chan Adoquín

Altura 38 m

Lonxitude 370 m

Inaugurado 1230

Tamén chamado Ponte Vella

Protección Ben de Interese Cultural

No catálogo RI-51-0001283

Altitude do punto ≈ 97 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ourense, a 233 m

Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 54 m

No concello viven 105.609 (2025) · IGE

Para ir

Iluminado Si

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar