Palacio

Pazo provincial de Ourense

Ourense

Pazo provincial de Ourense, palacio en Ourense

Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Pazo provincial de Ourense é un edificio histórico desa cidade, que na actualidade acolle a sede da Deputación de Ourense.

Localización

O edificio sitúase na zona sur do concello, na marxe exterior da cidade vella, sobre a rúa do Progreso. Atópase lindando co bispado, e a uns 200 metros da praza maior.

Historia

O edificio construíuse a finais do século XIX, co obxectivo de converterse nunha fábrica de afiaduras. Fora promovido pola familia Pérez Bobo. En 1895 a Deputación de Ourense mercou o local e o arquitecto Daniel Vázquez Gulías imprimiulle unha fonda reforma, onde lle engadiu o corpo central e pola que adquiriu a fasquía que se pode ver na actualidade. Dende ese ano ata 1936 o edificio foi a sede da Deputación (segundo andar), da Audiencia provincial, do Goberno civil (primeiro andar), da biblioteca pública provincial e do centro de recrutamento. Durante a ditadura o edificio quedou destinado unicamente a goberno civil e deputación, e a rúa mudou de nome e pasou a chamarse General Franco. Nos anos sesenta o goberno civil pasou á súa localización recente do parque de San Lázaro, e o edificio quedou destinado unicamente ao servizo da Deputación. Ben entrada a democracia, a rúa recuperou o seu nome orixinal de Progreso.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Edificio da administración pública

Autoría Daniel Vázquez-Gulías Martínez

Altitude do punto ≈ 130 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ourense, a 658 m

Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 72 m

No concello viven 105.609 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar