Pazo

Pazo de Vaamonde

Santiago de Compostela · A Coruña

Pazo de Vaamonde, pazo en Santiago de Compostela

Foto: Yearofthedragon · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A Casa-pazo de Vaamonde ou pazo de Vaamonde é un pazo urbano construído no século XVIII en Santiago de Compostela. Na actualidade acolle o Consorcio de Santiago.

Localización

A casa áchase na zona vella de Santiago de Compostela, no cantón entre a rúa do Vilar número 59 e a calella de Entrerrúas, a máis estreita da vila.

Descrición

O edificio foi ergueito no século XVIII e curiosamente sobresae do aliñamento das casas acaroadas da rúa. Está formado pola planta terrea, con soportais de arcos de volta perfecta e dous andares, o segundo con balcón. Na fachada do primeiro andar, entre as fiestras salienta un grande escudo. Tamén é de salientar o petador da porta, obra do escultor Francisco Asorey, e tamén a rechamadeira cristaleira da porta interior. No interior atópase unha escaleira principal cunha escultura en madeira realizada polo escultor J. Rivas o 25 de xullo de 1932. Subindo para da escaleira principal hai unha escaleira de servizo máis sinxela e estreita.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tellado Tella

Andares 3

Altitude do punto ≈ 261 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Santiago de Compostela, a 272 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 11 m

No concello viven 100.842 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Rúa do Vilar 59, Santiago de Compostela

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar