Convento

Convento de Santa Clara de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela · A Coruña · 1260

Convento de Santa Clara de Santiago de Compostela

O convento de Santa Clara é un convento de clausura da orde das clarisas que se atopa na Rúa de San Roque, en Santiago de Compostela. O convento fúndase extramuros ao norte da cidade no ano 1260 grazas a doazóns da vila de Compostela e da dona do rei Afonso X o Sabio: Violante de Aragón. É o primeiro que as clarisas tiveron en Galicia. Foi fundado e impulsado por dona Violante, muller do rei Afonso X o Sabio, na segunda metade do s. XIII, polo que ten o título de "Real". Sufriu diferentes modificación ao longo dos séculos, as primeiras no século XVI grazas ás doazóns da abadesa Isabel de Granada; e posteriormente nos séculos XVII e XVIII que lle deron o aspecto barroco actual. Nestes traballos participan os arquitectos Domingo de Andrade, frei Gabriel Domínguez, Pedro Arén e Simón Rodríguez. Salienta a fachada da igrexa, obra de Simón Rodríguez, grande obra do barrroco compostelán. O convento de Santa Clara foi declarado Monumento Nacional en 1940. == Descrición == === Fachada === A fachada é obra de Simón Rodríguez en 1719, de estilo barroco compostelán, tamén chamado "barroco de placas" polas formas xeométricas puras que semellan superporse aos muros: un estilo imposto pola dureza do granito, que obriga a unha talla de formas rotundas. Trátase dunha fachada cortina que dá paso a un pequeno xardín onde se agocha a verdadeira e sinxela fachada da igrexa. Como todo o convento realízase en cantaría de granito, en tres corpos e salienta polo seu gran dinamismo barroco debido ao xogo de luces e sombras provocado pola intensa decoración centrada da parte centra da mesma. Aparece un exceso de orixinal ornamentación, grandes cornixas, volutas, frontóns crebados e son moi característicos os grandes cilindros de pedra no bico da fachada, a xeito de bocois, que crean unha sensación de grande inestabilidade. === Interior === No interior chaman a atención os enreixados típicos da clausura. Na igrexa atópanse varios altares churriguerescos dedicados a santos franciscanos e o retablo maior barroco elaborado por Domingo de Andrade no ano 1700 no que se venera a Inmaculada Concepción, de gran devoción por clarisas e franciscanos. Tamén atopamos o púlpito de granito e os escudos do antigo edificio medieval. Os retablos do cruceiro dedícanse a Santo Antón de Padua e á Virxe. == Cultura == É tradicional crer, tanto en Santiago de Compostela coma noutras vilas coma Pontevedra, que para que o día da voda non chova, cómpre levar un cesto de ovos a un convento de clarisas. No convento viven hoxe en día 13 monxas clarisas que, ademais das pregarias, encárganse de traballos a particulares, coma bordados ou pasar o ferro. A igrexa é visitábel só antes e despois das misas. A misa é todos os días ás sete da tarde, e o rosario todos os días ás 18:30. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === === Outros artigos === Convento de Santa Clara de Pontevedra Mosteiros e conventos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar