Convento
Convento do Carme de Arriba
Santiago de Compostela · A Coruña
O convento do Carme de Arriba, tamén coñecido como convento de Nosa Señora do Monte Carmelo, en Santiago de Compostela, é un convento de mediados do século XVIII. Foi o primeiro da orde das Carmelitas Descalzas en Galicia. == Historia == Fundouno en 1748 a madre María Antonia de Xesús (1700-1760), sobre uns predios pertencentes aos condes de Priegue. O mosteiro, moi sinxelo e de solidez granítica, foi construído baixo a dirección dos irmáns tracistas da Orde, os carmelitas José de los Santos e José del Espíritu Santo. Atópase na confluencia das rúas dos Loureiros e de Santa Clara. == Construción == A fachada da Igrexa é de aspecto macizo, de gran sinxeleza e liñas depuradas, realizada en cadeirado de granito, e rematada cun frontón triangular. Baixo o frontón, resgardada por un nicho, hai unha escultura da Virxe do Carme, obra atribuída ao escultor Xosé Gambino (1719-1775). A planta da igrexa é de cruz latina, dunha soa nave e de estilo neoclásico. É notable a lonxitude das pilastras que sosteñen a bóveda. O interior é continuación da sinxeleza anunciada no exterior. O retablo maior, do século XIX, é de tendencia neoclásica. O altar maior está presidido por unha imaxe da Virxe do Carme, obra do escultor Fabeiro, da escola compostelá. De Xosé Ferreiro, insigne escultor, son as imaxes de santa Teresa e san Xoán da Cruz que ocupan os altares laterais. Nos ángulos da ábsida hai dúas capelas, unha coa imaxe de san Xosé, obra tamén de Ferreiro, e na outra capela un grupo escultórico do Descendemento da Cruz, de autor descoñecido. Xunto á parede do lado esquerdo (dita "do Evanxeo") da capela maior hai un coro baixo, para uso común, e o comungatorio onde as freiras reciben a comuñón. O coro alto, situado no último tramo da nave, é usado para celebracións máis solemnes. No convento viven actualmente 20 freiras carmelitas (a regra de Santa Teresa non permite máis ca 21 relixiosas en cada convento). Alén da vida contemplativa e dos ensaios musicais para as misas, as freiras ocúpanse de traballos domésticos, incluíndo coidar da horta e do galiñeiro, a fabricación de hostias para as igrexas da cidade e aínda a manufactura de obxectos litúrxicos para fóra, como rosarios e escapularios. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === "El Carmelo de Santiago de Compostela". Madre María Antonia de Jesús (en castelán). "Convento del Carmen (Carmelitas Descalzos)". Misas (en castelán). Galicia artística no século XVIII e primeiro terzo do XIX, pgs. 288-289
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Avda. de Xoán XXIIIa 201 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIIIa 212 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
- San Caetano (igrexa)a 686 mO Foxo-Santiago E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.