Convento
Convento do Corazón de María de Baltar
O Val · Narón · A Coruña · 1910
Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
O convento de Baltar é un edificio de carácter relixioso situado no lugar de Baltar, na parroquia do Val (concello de Narón).
Historia
Foi construído como pazo no século XVI pola última marquesa de Lago-San Sadurniño, María de la Natividad Quindós y Villaroel, Duquesa de la Conquista e Condesa de Cumbres Altas. Por desexo de seu o lugar pasou a ser convento cando o cedeu aos frades claretianos. Da súa construción orixinal só quedan dous grandes brasóns en cantería. A reconstrución data de 1914 con grandes fiestras cadradas, a balconada e os canzorros nos tellados. Desde a súa reconstrución a comezos do século XX a casa pasou de misión para promoción da fe na zona nos primeiros cincuenta anos, a colexio internacional nos seguintes 50, polo que pasaron preto de 200 sacerdotes. Tamén deu acubillo como albergue dun seminario de adolescentes misioneiros. No edificio hai unha Capela do Sagrado Corazón cun retablo preciosista e a fonte de estilo barroco.
Outros artigos
Mosteiros e conventos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Dedicado a Inmaculado Corazón de María
Andares 3
Altitude do punto ≈ 90 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Narón, a 7,7 km
No concello viven 39.890 (2025) · IGE
Chegar en bus
- BALTARa 109 mMercado de San Xulián-Cooperativa O Val · Mercado de San Xulián-Cooperativa O Val · Narón (concello)-Baltar · Narón (concello)-Baltar · CPI de Atios-Baltar · CPI de Atios-A Cavada
- A Cavadaa 241 mCPI de Atios-A Cavada
- O Redondoa 334 mMercado de San Xulián-Cooperativa O Val · Mercado de San Xulián-Cooperativa O Val
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.