Espazo protexido
Costa da Vela
O Hío · Cangas de Morrazo · Pontevedra · 2004
Foto: Javier Torres Pereira · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗
A Costa da Vela é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe o extremo oeste da península do Morrazo e que dá caras as rías de Pontevedra e Vigo. Esta área de conservación ocupa 1.419 ha. do concello Cangas de Morrazo, dos cales unha terza é espazo mariño. Destaca por ser unha costa aberta con cantís e queirogais e polo sistema dunar das súas praias.
Xeografía
O espazo natural é o litoral oeste da parroquia do Hío, e vai desde a praia de Couso e faro da punta do Couso, pasa polo Cabo Home e punta Robaleira, continúa incluíndo a praia de Melide e remata no sur coas praias da enseada da Barra: desde a de Barra á de Nerga. Ademais desa franxas do litoral, acollen as augas abertas e illotes de toda a enseada das Conchas e a costa de Soavela, que están entre o punta de Couso e o cabo Home. Esas augas mariñas supoñen o 29% do total da superficie do espazo protexido. No norte da costa occidental do espazo atópase a praias de Couso, preto da punta Couso. Entre os cabo Home e a punta Subrido, xa no sur do espazo, está a praia de Melide. Existe un continuo de praias interiores resgardadas na enseada da Barra, que é aquela que está desde a punta Subrido e en dirección leste protexida polo cabo. Estas praias xa están dentro da ría de Vigo e son a praia de Barra, de Viño e de Nerga. Nesta costa só existen varios regatos de caudal menor. Aqueles que existen na franxa de praias son o rego de Donón, que chega ao mar entre a praia de Barra e o cabo, e outros regatos. Na praia de Melide e rego na costa do Facho, na costa de Soavela, chegan outros regatos. Dous cumes do espazo destacables son o monte Facho e o monte de Melide. As calas e as baías deste litoral son de pouca profundidade e os esteiros de pouca extensión. No litoral existen espazos con furnas e arrecifes. Na barra de praias existen dunas tanto móbiles embrionarias como fixas e xa en procesos de descalcificación. Desde a costa da Vela pódense observar as rías de Vigo e Pontevedra e dende mar aberto as illas atlánticas: as illas Ons e Cíes.
Flora e Fauna
Flora
No litoral domina a vexetación de argazos a perenne, casmofítica e propia de costas nos cantís. Son frecuentes as matas de queirogais propios de zonas temperás, como Erica ciliaris e Erica tetralix, e das zonas secas europeas. Algunhas extensións son as dos prados secos e as zonas de gramíneas. En puntos como as ribeiras, existen algúns bosques de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior). Ademais existen piñeiros, en especial a carón das praias e do mar.
Fauna
Esta costa conta cunha diversidade de aves relevante, 11 das cales están catalogadas como prioritarias en canto a súa conservación. Pódense destacar o paíño europeo (Hydrobates pelagicus), as movellas (Gavia stellata, Gavia arctica e Gavia immer) e os araos dos cons (Uria aalge). As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
Dentro da costa da Vela está o petróglifo de Olleiros. Así mesmo, no linde deste espazo está o facho de Donón, unha garita de vixía do século XVII. Alí existen restos dun santuario do deus Berobreo.
Patrimonio civil
Neste litoral destacan os faros, que se atopan nos cabos. Son o faro de Punta Cousa, que se atopa nese cabo na ría de Aldán, e os faro de Cabo Home e faro da Punta, que están no cabo Home e na punta Robaleira, mirando á ría de Vigo.
Lexislación
A Costa da Vela foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Espazo natural protexido · Zona de especial conservación
Extensión 1.427 m²
Altitude do punto ≈ 22 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Cangas de Morrazo, a 7,1 km
No concello viven 26.698 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Donón (Facho)a 1,0 kmCangas de Morrazo-Balea-Seixo (Darbo)-Limens-Hio-Nerga-cruzamento Nerga-Donón (Facho) · Donón (Facho)-Nerga-Vilanova-Hío-Limens-Seixo (Darbo)-Balea-Cangas de Morrazo E.A
- Donón (Facho)a 1,0 kmCangas de Morrazo-Balea-Seixo (Darbo)-Limens-Hio-Nerga-cruzamento Nerga-Donón (Facho) · Donón (Facho)-Nerga-Vilanova-Hío-Limens-Seixo (Darbo)-Balea-Cangas de Morrazo E.A
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.