Praia
Praia de Barra
O Hío · Cangas de Morrazo
Foto: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A praia de Barra é un areal do concello de Cangas de Morrazo, situado ao final da península de Morrazo, na ría de Vigo, ao abrigo do cabo de Punta Subrido.
Localización e características
Está situada no lugar de Donón, rodeada de piñeiro autóctono e dunas. Forma un continuo areal xunto coa praia de Area Meán, máis urbanizada, da que a separa un pequeno promontorio rochoso cunha pequena baía que serve de lugar de amarre para naves de recreo. Esta praia foi unha das primeiras de Galiza onde se permitiu o nudismo, sendo na actualidade unha das máis afamadas praias nudistas do país. Ao estar na boca da ría as augas do océano Atlántico están máis frías que nas praias interiores. Porén, a súa situación tamén ofrece unha auga moito máis limpa. Forma parte do espazo protexido pertencente á Rede Natura 2000, de cabo Home e a Costa da Vela, e é veciña do parque nacional das Illas Atlánticas.
Outros artigos
Praias de Cangas de Morrazo
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Praia nudista · Praia de area branca
Lonxitude 750 m
Altitude do punto ≈ 1 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Cangas de Morrazo, a 5,9 km
No concello viven 26.698 (2025) · IGE