Praia

Melide

O Hío · Cangas de Morrazo · Pontevedra

Melide, praia en Cangas de Morrazo

Foto: Txo (discusión) Mi discusión en castellano 22:03, 29 August 2007 (UTC) · Public domain · Wikimedia Commons ↗

A praia de Melide é un areal do concello de Cangas de Morrazo, situado entre Punta Fuxiño e Punta Robaleira, nunha pequena enseada chea de area, sobre a cal se formou un piñeiral. A praia está no centro da área coñecida como Cabo Home, debido a un dos cabos desta península, que separa o areal da acantilada costa de Soavela.

Características

A praia é de fina area branca e ondas moderadas, de 250 m de lonxitude e uns 40 de ancho. Está bastante illada, no corazón do espazo natural protexido anteriormente mencionado. Adoita recibir a Bandeira Azul, e o acceso é peonil.

Outros artigos

Praias de Cangas de Morrazo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area branca

O chan Area

Lonxitude 250 m

Altitude do punto ≈ 15 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Cangas de Morrazo, a 7,3 km

No concello viven 26.698 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar