Cruceiro

Cruz do Abelán

San Xoán de Laíño · Dodro · A Coruña · 1672

Cruz do Abelán, cruceiro en Dodro

Foto: Dodro · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A Cruz do Abelán é un cruceiro de capela situado en San Xoán de Laíño (Dodro), a un quilómetro da igrexa de san Xoán indo cara ás aldeas da Devesa e Teaio. Celébrase tódolos anos unha romaría, no lugar onde se encontra o cruceiro, a comezos do mes de xuño.

Características

É un cruceiro de capela ou loreto datado no século XVII. Ten unha grosa columna que descansa sobre unha escada de tres chanzos, e sobre a que se alza a capeliña coroada por unha imaxe de Xesús Cristo. Está ben conservado a pesar da súa antigüidade; fáltalle a imaxe do interior da capela así como a tapa da caixón acoirazado ademais do retablo de ánimas, se é que algunha vez os tivo. Esta construción arquitectónica está datada no ano 1672, non podendo demostrarse que realmente fose de ánimas auténtico, por non aparecer estas citadas explicitamente na epígrafe e non conservar o retablo de ánimas no purgatorio.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Cruceiro de capela

Altitude do punto ≈ 190 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Padrón, a 6,9 km

Camiño de Santiago Camiño A Orixe, a 1,4 km

No concello viven 2.604 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar