Cruceiro

Cruceiro de Bustelo

San Xoán de Laíño · Dodro · A Coruña · 1893

Cruceiro de Bustelo, cruceiro en Dodro

Foto: Dodro · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O cruceiro de Bustelo do Monte é un cruceiro situado no lugar de Bustelo do Monte (San Xoán de Laíño, Dodro). Tanto o peto de ánimas coma o cruceiro datan do ano 1893.

Historia

Mandárono construír sete homes que emigraron a Cuba cando a illa aínda era española, pois antes de partir prometeran construír un cruceiro na súa aldea se todo lles ía ben. En 1893 mandaron os cartos, e o cruceiro e o peto construíronse no lugar onde se soterraban antes os nenos e nenas que falecian sen o bautismo. Foi feito por Andrés Castaño Fernández, coñecido como o Vello santeiro de Chave, a quen lle pagaron dezaseis onzas de ouro. O peto de ánimas presenta na base un retablo coa Virxe do Carme e as ánimas do purgatorio esculpidos en pedra, non ten ningunha lenda, a non ser unha incrición co nome dos sete homes que o pagaron.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 370 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Padrón, a 8,9 km

No concello viven 2.604 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar