Petróglifo
Petróglifos de Bouza Abadín
San Xoán de Laíño · Dodro · A Coruña · 140 m
Foto: Certo Xornal from Ribeira, Galicia, España · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
O petróglifo de Bouza Abadín é un grupo de varios gravados rupestres en seis penedos nas faldras entre o monte Padronelo e o Carboeiro, a 200 m da aldea de Imo (concello de Dodro). É un conxunto de interese histórico e artístico da Idade de Bronce co código no Catálogo da Xunta; GA15033008. Está constituído por combinacións de círculos concéntricos, cruces, coviñas e figuras zoomorfas moi esquematizadas, dando testemuña das xentes que habitaron esta zona entre os anos 1800 e 600 a. C. En febreiro de 2011 un grupo de persoas voluntarias, baixo a supervisión dunha arqueóloga, limparon e acondicionaron a estación rupestre. Durante a limpeza saíron á luz tres novos gravados que non estaban aínda inventariados.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Petróglifo
Altitude 140 m
Vila máis próxima Padrón, a 6,8 km
Camiño de Santiago Camiño A Orixe, a 558 m
No concello viven 2.604 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Imoa 805 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Espiñ-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Aguiño (centro médico)
- Imoa 833 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Boiro · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Espiñ-Ribeira E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
