Dolmen

Dolmen de Argalo

Argalo · Noia · A Coruña

Dolmen de Argalo, dolmen en Noia

Foto: Certo Xornal · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O dolmen de Argalo, tamén coñecido como Cova da Moura de Argalo, é un dolmen situado en Argalo, no concello de Noia. En 2011 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Descrición

Este sitio megalítico data do ano 3000 a. C. Consta de sete grandes ortóstatos, de entre dous e dous metros e medio de altura, que forman a cámara funeraria circular. Enriba deles había unha gran lápida de cabeceira de máis de tres metros e medio de diámetro, mais desapareceu a principios do século XX. Conserva algúns vestixios do que foi o corredor de acceso á cámara, a través de dúas laxes aínda no seu lugar orientadas cara ao leste.

Outros artigos

Lista de megálitos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 117 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Noia, a 1,8 km

No concello viven 14.108 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar