Igrexa

Igrexa de San Martiño de Noia

Noia · A Coruña · 1434

Igrexa de San Martiño de Noia, igrexa en Noia

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Martiño de Noia é un dos monumentos relixiosos e históricos máis representativos da vila de Noia.

Descrición

Trátase dunha igrexa consagrada en 1434 de estilo oxival. Ten unha soa nave e ábsida octogonal, o pórtico é unha imitación do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. Foi construída por iniciativa do arcebispo de Santiago Lope de Mendoza, cuxo escudo se exhibe no tímpano da entrada. A Igrexa está situada na praza do Tapal, fronte á hoxe desaparecida fortaleza do mesmo nome e o pazo dos Churruchaos.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Monumento

Dedicado a Martiño de Tours

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 11 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Noia, a 292 m

No concello viven 14.108 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar