Dolmen

Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo

Treos · Vimianzo · A Coruña

Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo, dolmen en Vimianzo

Foto: Lameiro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo atópase entre as aldeas do Arxomil e Carnio, na parroquia de Treos, concello de Vimianzo.

Descrición

Veciña a Pedra Cuberta mais de menores dimensións, ten cámara poligonal con seis esteos e corredor curto do que conserva catro esteos. Fáltalle a tampa da entrada, aínda que conserva desprazadas as da cámara sepulcral. Unha delas está caída no interior. O dolmen está inserido nunha mámoa bastante aplanada da que pouco se aprecia, só chega ao metro de altura. Conserva pinturas de cor vermella e negra sobre fondo branco. Nunca houbo unha escavación arqueolóxica nesta anta, xa coñecida, recollida e deseñada polos Leisner. Conta Ramón Boga que en 1989 a parcela da Pedra Moura pasou de monte baixo a herbal. Os traballos de conversión estragaron a coiraza do túmulo. Con este movemento de terras as pedras desprazáronse e tamén fixeron que se descubrira no corredor un fragmento de cerámica campaniforme conservado hoxe no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011.

Outros artigos

Megálito Dolmen Lista de megálitos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Megálito

Estilo Megalitismo de Galicia

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 301 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vimianzo, a 5,5 km

No concello viven 6.754 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar