Dolmen

Arca da Piosa

Serramo · Vimianzo · A Coruña

Arca da Piosa, dolmen en Vimianzo

Foto: Xosé · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A Arca da Piosa é un dolmen situado no límite das parroquias de Muíño, no concello de Zas, e Baíñas, no concello de Vimianzo. Foi estudado en 1933 polo arqueólogo alemán Georg Leisner e atópase en bo estado de conservación. Está situado preto dos dolmens de Pedra Moura de Monte Carneo, Pedra da Lebre e Pedra Cuberta. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 2011.

Descrición

A cámara é poligonal, con 3,20 metros de lonxitude e consiste en catro esteos e unha tampa; o corredor está orientado cara ao leste, é curto (1 m) e consiste en tres esteos cubertos por unha laxe partida en tres que, á súa vez, está cuberta por outra maior; esta tampa está a menor altura que a que cobre a cámara. A lonxitude total do dolmen é de 8 m, e a mámoa é moi visible. As lousas coas que se construíu son de grandes dimensións, especialmente as tampas.

Outros artigos

Lista de megálitos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Túmulo funerario (mámoa)

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 403 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vimianzo, a 7,5 km

No concello viven 6.754 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar