Pazo
Pazo das Torres do Comareiro
Vimianzo · A Coruña
O pazo das Torres do Comareiro é un conxunto palaciano da parroquia de Serramo, Vimianzo. == Descrición == Construído no século XVI, na actualidade non conserva o seu elemento máis característico: as súas torres. O abandono deixouno nunha completa ruína e así hoxe é un edificio de planta rectangular alongada dividido entre distintos propietarios que o reconstruíron cadansúa parte con distintos criterios. Distínguense dúas partes ben diferenciadas polo tipo de materiais de construción: a primeira de perpiaños de granito de cantería e outra con cachotería de granito. A cuberta por un lado é tellado, pois ten tella, pero polo outro está cuberto de fibrocemento. Malia isto, aínda conserva elementos propios da arquitectura palaciana: cornixas molduradas, unha fiestra en arco de medio punto e unha porta -no lado leste- rematada en arco de medio punto de grandes doelas. Tamén conserva unha sinxela cheminea de cantería sen elementos decorativos. Na recuperación do lugar atopouse o escudo de armas onde se representan lobos e unha árbore sobre unha ponte de tres arcos. == Historia == O fundador do vínculo de Comareiro (1580) foi Gonzalo de Pazos e Señoráns. Logo sucedeuno Gómez de Rioboo Vilardefrancos, capitán e meiriño dos condes de Altamira en Vimianzo. Os seus descendentes tiveron relación coa casa de Trasariz e co pazo de Xora. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Inventario do patrimonio cultural do Concello de Vimianzo
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗