Fervenza
Fervenza de Augacaída
Pantón · Lugo

A fervenza de Augacaída é unha cachoeira formada polo río Aguianza na súa desembocadura ao río Miño. A altura da fervenza é duns 40 metros. == Características == Atópase en Marce, parroquia de Vilar de Ortelle, no concello de Pantón. O río Aguianza recolle as augas do rego das Cernadas e do Calve. A 400 metros está o castro de Marce. Existen varias lendas relacionadas coas fervenzas, que din que detrás delas hai unha porta máxica gardada por bruxas as cales levarán baixo o río ao mozo que se atreva a pasar, e así poderá casar coa súa princesa encantada e posuír unha gran fortuna.[Cómpre referencia] A Fervenza de Augacaída sitúase no lado leste do canón que forma o val do Río Miño. Este val consta de pronunciadas ladeiras que poden chegar a acadar alturas de ata 500 metros, orixinando uns desniveis de case 300 metros, situándose a unha cota de 200 metros sobre o nivel do mar, sabendo que a auga do río Miño consérvase no encoro de Belesar. Augas arriba hai outras fervenzas de tamaño menor. Aos pés da fervenza hai unha poza, na que cae con forza a auga. == Paisaxe e ecoloxía == A fervenza atópase oculta na espesura dun bosque formado de castiñeiros, carballos e outras especies autóctonas, pero principalmente por carballos, entre os restos de viñedos abandonados. En canto á fauna, podemos encontrar libeliñas, as cales se adoitan pousar nas beiras dos cursos de auga, anfibios como os sapos, que se achegan ás augas limpas nas súas épocas de cría. == Accesos == Existiu unha época na que o camiño ata a fervenza de Augacaída quedou totalmente cerrado pola maleza. Pero no ano 2000 no mes de xuño, o camiño foi novamente reaberto grazas a un equipo de persoas que asistían a un curso formativo de operarios medioambientais, volvendo a popularizar a ruta, á que só se tiña acceso a través dunhas varandas de corda e camiños de pedras. Hoxe en día, dende hai case dous anos, o camiño foi acondicionado pola Deputación de Lugo, de xeito que se incorporou á ruta unhas pasarelas de madeira, escaleiras e limparon o acceso, facilitando así a chegada. Tamén se colocaron paneis de madeira indicativos para facilitar a ruta, así como un pequeno aparcadoiro antes de iniciar o camiño. O camiño total da ruta de ida e volta e duns 5 km. O acceso faise pola estrada de Ourense a Monforte de Lemos, a continuación colleremos o cruzamento que indica Guítara e posteriormente dirixímonos dirección Marce. Pouco antes de chegar á aldea hai un cartel do lado esquerdo que indica o camiño á fervenza. Unha vez alí, hai que baixar un sendeiro cunha lonxitude de 2 km. Pero existen unhas escaleiras de madeira as cales dan a un pequeno miradoiro que ten un banco de madeira, con vistas directas á fervenza. Pódese seguir ata a poza na que se depositan as augas da cascada, a través dunha pasarela de madeira. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Caamaño, V.; Colazo Pazó, Xoán; Daporta Padín, Mon; Leiro, A.; Pontanilla Pérez, Isaac. (2005). Augas caídas: fervenzas de Galiza. A Nosa Terra. ISBN 84-96403-82-3. Muñiz de las Cuevas, R; Fontenla Cotelo, M. (2009). Guía das Fervenzas de Lugo e Ourense. Edicións do Cumio. pp. 76–79. ISBN 978-84-8289-271-9. === Ligazóns externas === Páxina en galiciamaxica.eu Páxina en jrcasan.com
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Seoane (Atán)a 1.2 kmSegade-Seoane (Atán) · Segade-Seoane (Atán)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.