Castro
Castro de Amboade
Vilar de Ortelle · Pantón · Lugo
Aínda non hai foto de Castro de Amboade
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.53056|-7.69391}}
O castro de Amboade é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Vilar de Ortelle no concello de Pantón.
Toponimia
No século VIII aparece citado como Evolati, a finais do século XI Deuvoari, no século XIII Emboade e xa dende o século XV Amboade.
Descrición
Está no declive do monte que, cara ao oeste, termina no lugar de Amboade, nas vertientes do río Miño. É redondo, cun diámetro de cento vinte metros da praza central. A súa altura dende o foso, é de oito a doce metros, segundo a profundidade do foso. Ten un gran foso, en moita extensión, aberto na pena, de seis metros de ancho, de leste a oeste, un contrafoso, doutros seis metros de ancho, que, nos seus extremos, liga co foso; a súa altura, é de dez metros. Facendo roturacións para edificar unha casa no mesmo foso do castro, foi atopado un amuleto de metal, de forma case triangular, figurando dous animais que sostiñan unha especia de escudo.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 591 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima O Castro de Ferreira, a 6,3 km
No concello viven 2.351 (2025) · IGE