Igrexa

Igrexa de San Francisco de Viveiro

Viveiro · Lugo

Igrexa de San Francisco de Viveiro, igrexa en Viveiro

Foto: Beatriz Otero Rivera · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa do Convento de San Francisco é o templo católico da parroquia de Santiago de Viveiro (concello de Viveiro). É unha construción erixida no século XIV, con nave única.

Historia e características

A súa construción comezárona os franciscanos xa no século XIII. Desta época consérvanse 3 arcos descubertos na reforma de 1945 e unha porta. A ábsida constitúe unha das máis fermosas da provincia. No interior destaca o seu retablo renacentista doado e traído por Juan Dutton Aguilar dende os Países Baixos; este atópase na capela do baptisterio. Outro retablo a destacar é o da capela da Orde Terceira; de estilo barroco do século XVIII coa imaxe da Dolorosa como principal. Nesta capela gárdanse algúns procesionais. En toda a igrexa atópanse distintos sepulcros. Os máis importantes atópanse na nave principal: o sepulcro da bieita Constanza (filla do señor medieval o mariscal Pero Pardo de Cela) e o sepulcro do poeta Pastor Díaz. Na sancristía atópase outro importante retablo coa imaxe do Cristo dos Mareantes, do século XIV. Gárdanse tamén alí algunhas vitrinas con reliquias dalgúns santos mártires. O seu claustro data do século XVII.

Outros artigos

Capela da Misericordia de Viveiro

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Francisco de Asís

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 14 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Viveiro, a 141 m

No concello viven 15.091 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar