Muralla

Porta de Carlos V

Viveiro · Lugo

Porta de Carlos V

A Porta de Carlos V, tamén chamada Porta Maior ou Porta do Castelo da Ponte (polo seu aspecto de fortaleza) é unha das tres portas que se conservan da antiga muralla da vila de Viveiro, na provincia de Lugo, edificada en 1548 por obra de Pedro Pedroso. Realizouse en homenaxe a Carlos V substituíndo outra anterior do século XIII, que por mor da acción erosiva das mareas e dos avatares históricos se fora deteriorando. == Descrición == A porta é sinxela, de estilo renancentista-plateresco, con tres corpos ben diferenciados; o acceso fórmase cun arco de medio punto central adornado por molduras cilíndricas. En cadanseu lado da porta atópanse, enmarcados con columniñas platerescas, os escudos coas armas da cidade e de Galiza; na banda dereita, o viveirés co león con coroa real sobre a ponte, e na esquerda o galego cos cinco copóns. Algún autor interpretou que ambos os escudos eran os da cidade e que os copóns representaban as cinco antigas igrexas urbanas de Viveiro.[quen?] Estes dous escudos están recollidos no que posteriormente se converteu no escudo de Viveiro. Sobre o arco unha inscrición moi gastada: Hizose esta puerta siendo Corregidor el Licenciado Canosa de Tordesillas. Por riba da inscrición, no medio e medio da obra áchase o escudo de Carlos V con enmarcación plateresca e frontón triangular, e sobre o mesmo o busto do emperador. O coroamento da porta faise con seis troneiras flanqueadas por tres torricelas. No envés da porta, camarín plateresco con dous escudos e a imaxe do século XVIII de San Roque, antigamente da Virxe dos Desamparados. == Datos históricos == A muralla tiña un total de cinco portas. Só se conservan tres, unha é esta. O emperador Carlos I de España e V de Alemaña concedera unha real cédula á vila de Viveiro para a eximir do pagamento de impostos durante un período de tres anos, tras sufrir un grave incendio de setembro de 1540. Aos poucos meses de iniciados os traballos, paralizouse a actividade construtiva, manténdose en estado de espera até que o 24 de abril de 1554, o corrixidor da localidade, Andrés Carasa de Tordesillas, decidiu retomar os traballos. A imaxe de San Roque substituíu a da Virxe dos Desamparados porque se cre que foi este santo quen liberou a vila da peste bubónica. A imaxe de San Roque estivo na fachada da casa do Corrixidor até 1867. Malia ser reedificada con fins ornamentais e decorativos, foi empregada durante a Guerra de Independencia Española como punto de defensa fronte as tropas de Napoleón Bonaparte. O día 18 de febreiro de 1809, Viveiro foi atacado por dous flancos ao mesmo tempo: pola desaparecida Porta de San Domingos, por forzas procedentes desde Mondoñedo e pola Porta de Carlos V, polas tropas que procedían de Ferrol. Intentouse derrubar en dúas ocasións, a primeira no ano 1856, a petición do concello da vila, no século XX pensouse outrora no seu derrubamento, porén no ano 1942 foi declarada Monumento Nacional. Hoxe está declarada Monumento Histórico Artístico Nacional. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Viveiro Porta da Vila (Porta do Santo Cristo) Porta do Valado

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Para ir

Cadeira de rodas Si

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar