Pazo

Pazo da Trabe

Galdo · Viveiro · Lugo

Pazo da Trabe, pazo en Viveiro

Foto: Estagierita · CC BY 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Para o lugar coristanqués, véxase O Pazo da Trabe. O pazo da Trabe é unha casa señorial galega situada no lugar da Trabe, na parroquia de Galdo, no concello de Viveiro. Na actualidade alberga un establecemento de turismo rural.

Orixes

Non se ten documentación do pazo até o século XVI. En 1435 no paso dos Cabaleiros reuníronse o bispo de Mondoñedo, o deán catedralicio e dous procuradores para discutir o litixio que mantiñan nobreza e igrexa sobre a parroquia de Galdo e os foros da renda. Logo de varias disputas e litixios, Galdo perdeu o estatuto de concello, pasando a pertencer a Viveiro. O bispado cedeu o couto de Galdo a Alonso Pérez de Viveiro por 5.000 marabedís. Anos máis tarde a propiedade pasou a mans do meiriño do couto, o vizconde de Altamira, Xoán de Pita Pumariño, e posteriormente herdouno seu fillo, Fernando Pumariño, rexedor de Viveiro e casado con Catalina de Miranda, irmá do arcebispo de Sevilla e fundador da Universidade de Oviedo, Fernando de Valdés y Salas. O pazo pasou a mans da filla do matrimonio, María de las Alas Pumariño, casada co corrixidor da Coruña. En 1607 mercouno por 1.000 ducados Antonio da Ponte e Prada, que o deixou a seu fillo Teodoro. A mediados do século XIX pasou a mans de Juan Gabriel da Ponte. A súa filla Luisa vendeuno en 1881 a Bartolomé Basanta Miranda, alcalde de Viveiro e senador do Partido Conservador. En 1885 herdou o pazo o seu xenro, Ramón Rebellón Zubiri, que representou nas Cortes a Viveiro durante catro lexislaturas no partido de Cánovas del Castillo, conseguindo para Viveiro o título de cidade. Seus fillos herdaron o pazo pero non o habitaron, o que desmellorou a súa conservación até a súa venda en 1993.

Actualidade

O pazo da Trabe foi reconstruído e renovado respectando as orixes, con materiais autóctonos e con técnicas artesás que recollen as tradicións ceramistas da zona, lideradas pola achegada fábrica de Sargadelos.

Outros artigos

Pazos de Galicia.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Andares 3

Altitude do punto ≈ 37 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Viveiro, a 3,6 km

No concello viven 15.091 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar