Igrexa
Igrexa de San Froitoso de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela · A Coruña · 1765

Foto: © Jose Mario Pires · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
A igrexa das Angustias de Abaixo, igrexa da Real Angustia ou igrexa de San Froitoso, é un templo de estilo barroco galego localizado en Santiago de Compostela, a rentes da praza do Obradoiro, que foi proxectado por Lucas Ferro Caaveiro no século XVIII.
Características
É de planta central e conta cunha gran cúpula. A fachada está concibida para ser contemplada desde a praza do Obradoiro, polo que a decoración se concentra na cornixa superior, onde están as imaxes das catro virtudes cardinais, é dicir, a Prudencia, a Xustiza, a Fortaleza e mais a Temperanza (que a tradición popular afirma que son os catro paus da baralla). Así mesmo, ten un campanario adornado con volutas e pináculos e unha fornela coa imaxe da Virxe das Angustias. No seu interior destaca a Piedade neoclásica de Antón Fernández o Vello que preside o altar maior. A súa construción está relacionada co feito de que o bispo Xelmírez trouxo de Braga as reliquias de san Froitoso, que actualmente se poden venerar na capela das reliquias da catedral de Santiago.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Estilo Churrigueresco
Dedicado a Froitoso de Braga
Autoría Lucas Ferro Caaveiro
Forma parte de Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
Tamén chamado Igrexa das Angustias de Abaixo
Protección Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Altitude do punto ≈ 244 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Santiago de Compostela, a 74 m
Camiño de Santiago Camiño de Fisterra-Muxía, a 45 m
No concello viven 100.842 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Rúa Novaa 341 mA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- ALAMEDAa 597 mBuxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I. · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIIIa 800 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.