Igrexa

Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro

Viveiro · Lugo

Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro, igrexa en Viveiro

Foto: Enrique Pernas Rouco from Barcelona, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de Santa María do Campo é un templo relixioso situado en Viveiro, na provincia de Lugo. Está situada na parte máis alta do centro histórico, xunto ao Convento das Concepcionistas.

Historia

É a igrexa máis antiga da vila. É de estilo románico, seguramente construída no século XII, se ben non se coñece con exactitude a data de construción. Segundo o Libro de actas do Concello, esta basílica remóntase a unha época antiquísima na súa construción e tan difícil de descubrir que se perde na historia dos séculos.

Arquitectura

A fachada principal consta de 4 arquivoltas semicirculares, apoiadas as interiores sobre tres columnas. Catro pasos ofrecen o acceso ao templo. Sobre a portada hai un tornachoivas, e sobre el un rosetón. A fachada termina en punta de dúas vertentes e está coroada por unha cruz. Ten aos lados dúas torres cuadrangulares, rematadas en forma de campá. Na da esquerda está situado un reloxo e na da dereita o campanario con tres campás. A planta é de forma basilical, con tres naves separadas por columnas: a central de seis metros de ancho e as laterais de tres. O templo posúe magníficos ornamentos e ourivaría, destacando a gran cruz procesional, que data do século XVI

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Estilo Arquitectura románica

Dedicado a Santa María

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 18 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Viveiro, a 102 m

No concello viven 15.091 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar