Igrexa
Igrexa de Santiago de Breixa
Silleda · Pontevedra

Santiago de Breixa é a igrexa parroquial de Breixa, no concello de Silleda. == Descrición == É unha igrexa barroca, dunha soa nave e unha ábsida rectangular, onde se conservan restos románicos, cunha ventá de medio punto con dobre arquivolta.Conta ademais con canzorros no muro sur. A súa espada, con dous ocos para as campás e un terceiro sobre estes, está adornada con pináculos e rematada nunha cruz. No seu interior, destaca o seu presbiterio, así como a iconografía dos capiteis, que serven de mostra do bestiario medieval. Alúdese aos pecados capitais e paixóns do home e a súa loita contra eles. Tamén aparecen representados centauros, harpías, sereas, grifóns, testas de león e de lobo, aves rapaces, serpes e outros animais fantásticos ,configurando un conxunto temático excepcional no románico galego.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Breixa IIa 123 mIES Pintor Colmeiro-O Ribeirao · A Chaira-IES Pintor Colmeneiro-CEIP Silleda · IES Pintor Colmeiro-O Ribeirao
- Breixa Ia 143 mIES Pintor Colmeiro-O Ribeirao · CEIP de Silleda-O Ribeirao · A Chaira-IES Pintor Colmeneiro-CEIP Silleda · IES Pintor Colmeiro-O Ribeirao · CEIP de Silleda-O Ribeirao
- Carboeiriñoa 977 mIES Pintor Colmeiro-O Ribeirao · CEIP de Silleda-O Ribeirao · A Chaira-IES Pintor Colmeneiro-CEIP Silleda · IES Pintor Colmeiro-O Ribeirao · CEIP de Silleda-O Ribeirao
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.