Igrexa
Igrexa de Santiago do Burgo
Culleredo · A Coruña

A igrexa de Santiago do Burgo é un templo románico do século XII situado na parroquia do Burgo (Culleredo). == Historia == Sitúase a carón da ponte do Burgo, que cruza o río Mero e conecta O Burgo co Temple. A advocación de Santiago o Maior débese a que o rei Afonso VII estableceu no Burgo do Faro un porto de acollida ao barcos con mercadorías e peregrinos que chegaban do norte de Europa para dirixirse á catedral de Santiago de Compostela, polo que era punto de partida do Camiño Inglés. As primeiras mencións do templo son da segunda metade do século, entre os anos 1161 (cando Fernando II de León e Galicia lle doa a igrexa ao arcebispo de Santiago de Compostela) e nun texto de 1181 no que se doa ao mosteiro de Sobrado. Ten planta de cruz latina con tres ábsidas semicirculares, a central de maior tamaño. A fachada é do século XVIII. A esta intervención seguiron outras a inicios do século XX e en 1964. En 2003 o mal estado das estruturas de madeira e un incendio que produciu o derrube do tellado obrigaron a emprender obras de rehabilitación, que se centraron en recuperar a pedra orixinal dos muros interiores, eliminando o reboco de yeso, substituír todas as pezas de madeira e construír un novo tellado. == Notas ==
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Ponte do Burgoa 102 mTeatro Colón-San Pedro de Nós · A Barcala-Arteixo (por polígonos) · Teatro Colón-Univers. Laboral-Os Campons · Teatro Colón-Univ.. Laboral-A Barcala-Cambre-A Patiña-Os Campons
- Ponte do Burgoa 115 mSan Pedro de Nós-Teatro Colón · A Barcala-Arteixo (por polígonos) · Os Campons-Univ. Laboral-Teatro Colón · Teatro Colón-Cambre-A Patiña · A Patiña-Cambre-Teatro Colón · Aeroporto de Alverdro-Aeroporto de Alvedro (circular polo Burgo)
- O Burgo (praza de Galicia)a 241 mSada (hotel Sada Palace)-Aeroporto de Alvedro (por polígonos) · Aeroporto de A Coruña-Concello de Sada (por Polígonos) · Sada (hotel Sada Palace)-Aeroporto de Alvedro-UDC (por polígonos) · UDC-Aeroporto de Alvedro-Sada (hotel Sada Palace)- (por polígonos) · O Burgo (praza de Galicia)-Teatro Colón · Teatro Colón-Cerceda (parque acuático)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.