Pazo
Pazo de Cela
Cela · Cambre · A Coruña
Foto: Carlos de Paz · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
O Pazo de Cela é un pazo de estilo barroco do século XVII situado na parroquia de Cela, no concello coruñés de Cambre, moi achegado á cidade da Coruña. De propiedade privada, no século XXI abre ao público como espazo para a celebración de banquetes de casamento ou bautizos.
Descrición
Edificio
O estilo é predominantemente barroco, cunha planta rectangular e cuberta de tella plana, conta con planta terrea e dous andares. Os muros son de fábrica de cachotaría de granito e cantaría nas contornas dos vans do primeiro andar. Destaca unha escaleira cun patín monumental de perpiaños de granito. Salientan dous escudos a ambos os dous lados da porta principal.
Xardinaxe
A quinta, de 6.000 m², áchase amurallada, e conta cun xardín de estilo afrancesado, entre outros elementos de xardín, cun encoro, unha pérgola, un quiosco e un pavillón acristalado onde se celebran os eventos. En canto á vexetación, conta con sebes de buxos, e diversos exemplares de palmeiras, plátanos, fentos arbóreos, camelias e criptomerias.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Pazo
Tamén chamado Pazo de Cela
Altitude do punto ≈ 21 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Cambre, a 1,3 km
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 2,8 km
No concello viven 24.771 (2025) · IGE
Chegar en bus
- A Ponte de Celaa 396 mUniv. Laboral-A Cabana-Os Campons-Carral Panteon-Tabeaio · Univ. Laboral-A Cabana-Os Campons-Carral Panteon-Tabeaio · Cambre: Cambre-Cruce Meixigo-San Lourenzo · Cambre: San Lourenzo-Cruce Meixigo-Cambre · Teatro Colón-A Barcala-Cambre-Lema · Lema-Cambre-A Barcala-Teatro Colón
- Meixigo (cruzamento)a 419 mUniv. Laboral-A Cabana-Os Campons-Carral Panteon-Tabeaio · Cambre: San Lourenzo-Cruce Meixigo-Cambre · Lema-Cambre-A Barcala-Teatro Colón · Univ. Laboral-A Cabana-Os Campons-Carral Panteon-Tabeaio (por Taramuño)
- Meixigo (cruzamento)a 436 mUniv. Laboral-A Cabana-Os Campons-Carral Panteon-Tabeaio · Cambre: Cambre-Cruce Meixigo-San Lourenzo · Teatro Colón-A Barcala-Cambre-Lema · Univ. Laboral-A Cabana-Os Campons-Carral Panteon-Tabeaio (por Taramuño)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.