Pazo

Pazo de Cascaxide

Escuadro · Silleda · Pontevedra

Pazo de Cascaxide, pazo en Silleda

Foto: amaianos · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O Pazo de Cascaxide é unha casa señorial localizada no lugar de Cascaxide, na parroquia de Escuadro (Silleda), construído a finais do século XVII con algunha parte de principios do XVIII.

Características

O edificio é de planta rectangular, baixo o piso e salvando o desnivel do terreo, ten un piso máis con arcadas nunha das frontes, torre de catro plantas e balcóns de balaustrada que sobresaen da fachada. A fachada principal ten porta adintelada, copete cun grande escudo e gárgolas. Noutra das frontes ten un piso faiado con balconada e dous escudos. Prolóngase cunha muralla na que se abre o portón de arco de medio punto. Entre as dependencias anexas hai dous hórreos e unha capela. Nel rodouse parte do filme Lobos de Arga. É de propiedade privada, da familia Espinosa.

Outros artigos

Pazos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 484 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Silleda, a 5,7 km

No concello viven 8.908 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar