Monte e serra
Monte do Gozo
Aríns · Santiago de Compostela · A Coruña · 372 m
Foto: Carlos Delgado · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.
Historia
Na Idade Media había no monte unha capela, mandada construír por Xelmírez en 1105, na que os peregrinos se axeonllaban en sinal de agradecemento por chegaren até aí. Dende ese punto moitos dos peregrinos a cabalo facían o resto do camiño a pé (como Afonso XI) e outros remataban a súa peregrinación mesmo descalzos. Esa capela foi abandonada no século XVII. En 1989 fixéronse no monte grandes obras para poder acoller alí a visita do papa Xoán Paulo II con motivo da multitudinaria Xornada Mundial da Xuventude. Actualmente o monte do Gozo dispón dunhas enormes instalacións para acoller peregrinos, que inclúen un albergue con capacidade para centos de persoas, restaurante, cafetería, lavandería, tenda, campo de fútbol, e un gran auditorio descuberto no que actuaron bandas como Rolling Stones, Bruce Springsteen e Red Hot Chili Peppers entre outras, así como o festival O Son do Camiño, diante de ata 40.000 persoas.
Outros artigos
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Montaña
Altitude 372 m
Vila máis próxima Santiago de Compostela, a 4,4 km
Camiño de Santiago Camiño Francés, a 79 m
No concello viven 100.842 (2025) · IGE
Chegar en bus
- San Marcosa 575 mLugo E.A.-Santiago E.I. · Lugo E.A.-Santiago E.I. · Arzúa-SANTIAGO E.I. · Arzúa-Santiago E.I. · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.