Monumento
Monumento a San Francisco
Santiago de Compostela · A Coruña · 256 m · 1930
Foto: Diego Delso · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O Monumento a San Francisco é unha obra realizada entre 1926 e 1930 do escultor galego Francisco Asorey e situada na zona antiga de Santiago de Compostela, no lugar coñecido como o Val de Deus, diante da igrexa do Convento de San Francisco do Val de Deus. Con este monumento procurábase a conmemoración do VII centenario da morte do Santo de Asís.
Descrición
Estrutúrase en forma de cruz de 12 metros de altura apoiada nunha base con catro metros de lado. A lectura da iconografía representada está pensada para facelo verticalmente, de abaixo a arriba, mostrando unha linguaxe onde xoga co equilibrio entre o alegórico das imaxes e a rugosidade natural, abstracta e xeométrica das pedras de granito, pedras que simbolizan o cordón da Orde de San Francisco. Ocupa o ligar central o santo cos brazos abertos protexido por un crucificado. O profesor Ramón Otero Túñez considérao como: No ano 2013, e como preparación para a conmemoración dos 800 anos da peregrinación de Francisco de Asís a Compostela, foi restaurado. Consolidouse a pedra e limpiouse.
Outros artigos
Cruceiros de Galicia Escultura de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Escultura
Dedicado a Francisco de Asís
Autoría Francisco Asorey
Paredes Pedra · Mármore · Granito
Altura 12 m
Altitude 256 m
Vila máis próxima Santiago de Compostela, a 295 m
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 194 m
No concello viven 100.842 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Avda. de Xoán XXIIIa 511 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
- Avda. de Xoán XXIIIa 514 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Rúa Novaa 615 mA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.