Museo

Museo Catedralicio de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela · A Coruña · 1928

Museo Catedralicio de Santiago de Compostela

O Museo da Catedral de Santiago de Compostela é unha institución que acolle e expón diversas obras artísticas e arqueolóxicas, propiedade da sé compostelá, que abarcan desde a época romana até a actualidade. Foi creado co obxectivo de conservar e expoñer ó público obxectos litúrxicos en desuso, doazóns de peregrinos nobres e os diferentes restos arqueolóxicos que se ían descubrindo nas diferentes intervencións na catedral e a súa contorna. Entre os seus fondos hai mostras arqueolóxicas, pintura, escultura, ourivería, tapices, alfombras, roupa litúrxica, cerámica e mobiliario. Foi fundado en 1928. Unha inscrición a lapis nun dos bancos do museo recolle a data de creación, 11 de xullo de 1928; o impulsor, o fabriqueiro Robustiano Sández; e o construtor, José Lerramendi Rey. O museo localízase na mesma catedral, distribuído en diversos espazos, con diferente situación dentro da fábrica catedralicia. A cripta, tamén coñecida como catedral vella (aínda que nunca cumpriu tal función), foi unha obra comezada antes da intervención do mestre Mateu, aínda que foi este quen a rematou como paso previo á construción do Pórtico. O Tesouro catedralicio exponse na capela de san Fernando, de estilo gótico, que ata 1677 foi capela de Reliquias. Na catedral románica levantouse tamén un claustro, ó sur da nave principal, cuxo comezo se data en 1124 e que é rematado a mediados do XIII, baixo a iniciativa do arcebispo Xoán Arias. == Espazos do museo == O museo localízase na mesma catedral, distribuído en diversos espazos, con diferente situación dentro da fábrica catedralicia: Museo propiamente dito, con acceso desde o lado meridional da praza do Obradoiro. Cripta do Pórtico da Gloria, accédese pola escalinata de ingreso á catedral, na mesma praza indicada. Tesouro e Panteón Real, actualmente pódese visitar desde a entrada ao museo-claustro. Co tempo, engadíronse ó museo o claustro e o pazo de Xelmírez. === Museo === Contén varias salas distribuídas en catro plantas. Conta con exposición de obxectos da época romana, medieval até o XVIII. A planta baixa está dedicada ás orixes da catedral. Entre as obras expostas destacan algunhas pezas da antiga portada de Praterías, a reconstrución do coro catedralicio do mestre Mateu e do vello rosetón da portada occidental, e distintos elementos da antiga catedral románica e dos enterramentos que acollía (como a lauda de Aroaldo), así como os escasos restos das basílicas precedentes. Tamén o baleirado en xeso dos capiteis fundacionais que sitúan no tempo o inicio da construción da catedral. Na primeira planta expóñense obras de entre o século XIII e o XVIII, entre as que destacan relevos e esculturas en pedra e madeira de distintas épocas e autores, como os de Gregorio Español, táboas maneiristas de Juan Bautista Celma, o retablo da Transfiguración de Cristo de Xosé Ferreiro, un Santiago Peregrino de Gambino etc. A segunda planta está destinada ó Tesouro Catedralicio, a capela das Reliquias e o Panteón, e mais a Biblioteca. Destas salas falarase máis adiante. A terceira planta acolle a colección de tapices, uns da escola flamenga de diversas épocas (de Rubens, o seu discípulo Van Thulden e David Teniers), e outros realizados sobre cartóns de Goya e de José del Castillo, con escenas costumistas. Unha ampla balconada permite asomarse á praza do Obradoiro. Os doce tapices de Francisco de Goya foron legados á catedral en 1814 por Pedro Acuña y Malvar. Estes tapices foran realizados na Real Fábrica de Tapices de Santa Bárbara por encargo do rei Carlos III de España para os Reais Sitios de El Pardo entre os anos 1776 e 1780. <galley mode="packed"A |Ficheiro:Interior do museo da Catedral de Santiago.jpg|Unha das salas do museo. |Ficheiro:Gallaecia petrea 02-80a.JPG|Detalle dun fuste entorchado procedente da Porta Francíxena ou do Paraíso. |Ficheiro:Gallaecia petrea 02-80b.JPG| |Ficheiro:Gallaecia petrea 02-80c.JPG| |Ficheiro:Gallaecia petrea 02-80d.JPG| |Ficheiro:Gallaecia petrea 02-26a.JPG|Estela funeraria de San Vicente de Fisteus (A Coruña). </gallery> === Cripta ===…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Para ir

Horario Mo-Su 10:00-20:00

Entrada De pago

Cadeira de rodas Non

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar