Museo

Museo da Construción Naval Exponav

Ferrol · A Coruña

Museo da Construción Naval Exponav, museo en Ferrol

Foto: Oilisab · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A Exposición Nacional da Construción Naval, tamén coñecida como Exponav, é un museo marítimo de Ferrol, adicado á historia da construción naval. Foi inaugurado o 10 de marzo de 2008, e está situado na base naval da cidade departamental.

Características

O proxecto naceu dunha iniciativa conxunta da Armada Española e a Asociación de Enxeñeiros Navais de España. Contou coa colaboración de entidades como o Ministerio de Fomento, a Consellería de Industria e de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o concello de Ferrol, a autoridade Portuaria de Ferrol, o campus universitario de Ferrol (Universidade da Coruña) ou Navantia. É unha mostra técnica dirixida tanto ás persoas especializadas no campo da construción e enxeñaría naval, como ao público en xeral. A apertura do museo culminou a restauración do edificio de Ferreirías, dirixida polo arquitecto Font. A exposición foi comisariada polo contraalmirante enxeñeiro da armada José Castro Luaces.

Outros artigos

Museo Naval de Ferrol

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado Exposición Nacional da Construción Naval · Exposición Nacional de la Construcción Naval · Edificio das Ferrerías · Exponav

Altitude do punto ≈ 14 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ferrol, a 278 m

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 88 m

No concello viven 64.903 (2025) · IGE

Para ir

Entrada De pago

Cadeira de rodas Si

Teléfono +34 981 359682

Enderezo 15403, Ferrol

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar