Museo
Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba
Vilalba · Lugo
Foto: Chairego apc · CC BY 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba é un museo municipal de Vilalba. As súas actividades céntranse na investigación, conservación e difusión da prehistoria e historia antiga de Galicia.
Historia
Foi fundado e dirixido polo médico e arqueólogo José María Ramil Soneira. Dende o pasamento de Ramil Soneira en 2014, o director do centro é o seu fillo, Eduardo Ramil Rego. A súa sede trasladouse á Rúa Dr. Domingo Goas, nº2 no verán de 2002.
Exposicións
A súa temática vai dende o Paleolítico ata a época romana no noroeste da Península Ibérica. Os materiais arqueolóxicos proveñen de depósitos particulares e das descubertas de escavacións arqueolóxicas promovidas polo museo ou outras entidades. Conta cunha exposición permanente que ten a máis completa colección de materiais do Paleolítico ao Mesolítico de toda Galicia. Contén tamén os restos da ocupación humana máis antiga de Galicia e o primeiro obxecto de arte atopado no país, un colgante procedente da estación paleolítica de Férvedes II (Xermade). Está feito posiblemente de esteatita, é plano e ten forma oval. Ten un orificio de forma circular, supostamente para o cordón do que penduraba, e como decoración un trazo recto e vertical no centro das dúas caras, máis fondo dunha delas. É semellante a outras pezas de xacementos magdalenienses do Cantábrico.
Publicacións
Férvedes, unha revista científica editada polo propio museo.
Outros artigos
Museos de Galicia Cultura castrexa Arte paleolítica en Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Museo arqueolóxico
Altitude do punto ≈ 480 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Vilalba, a 535 m
Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 38 m
No concello viven 13.946 (2025) · IGE
Para ir
Enderezo Rúa Dr. Domingo Goás, 2
Chegar en bus
- Vilalba E.A.a 194 mLugo E.A.-Vilalba E.A. · Lugo E.A.-Burela E.A. · Lugo E.A.-Vilalba E.A. · Lugo E.A.-Mondoñedo-Viveiro E.A. · Santiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Vilalba E.A.-Lugo E.A.
- Rúa Cidade de Viveiroa 320 mIES Santiago Basanta Silva-Os Orxás (cruzamento) · IES Santiago Basanta Silva-Os Orxás (cruzamento)
- Avda. Terra Chá 15-17a 521 mAvda. Terra Chá 15-17-CEIP Terra Chá · CEIP Terra Chá-Avda. Terra Chá 15-17
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.