Castelo

Castelo de Vilalba

Vilalba · Lugo

Castelo de Vilalba

A Torre do Castelo dos Andrade ou Torre dos Andrade é o que queda do Castelo de Vilalba, construción que tivo as súas orixes na familia dos Castro no século XI. A imaxe actual é resultado da reconstrución feita no século XV polo conde de Vilalba Diego de Andrade. Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949, ratificado en normativa posterior. == Situación == Sitúase no casco urbano de Vilalba, a carón da praza e igrexa de Santa María. == Historia == A elección do lugar para a súa construción baseouse no valor estratéxico da localización xa que no lugar confluían o Camiño do Norte e o antigo Camiño Real de Betanzos e A Coruña. Durante unha boa parte da Idade Media a vila de Vilalba pertenceu a familia dos Castro. Durante a guerra civil entre Henrique II de Trastámara e Pedro I este dooulle a vila ao naquel momento o seu aliado Fernán Pérez de Andrade, O Boo. Fernán abandonou a causa petrista e puxo a salvo das forzas inimigas na fortaleza de La Rochele ao finalmente vitorioso Henrique II. Unha vez vitorioso o rei outorgou ao Andrade, entre outras moitas posesións, o señorío da vila. No século XV os Irmandiños atacaron o castelo do señor de Vilalba Nuno Freire de Andrade, o Mao derrubándoo. O edificio non foi reconstruído ata que os Reis Católicos lle concederon o condado de Vilalba a Diego de Andrade. Anos máis tarde o castelo retornou ao patrimonio dos Castro por mor do casamento entre Teresa de Andrade, neta de Diego de Andrade, e Fernando Ruiz de Castro Osorio da casa de Lemos. No século XVIII foi obxecto de novas reformas. Na década de 1960 foi habilitado para a súa explotación económica como Parador de turismo, sendo o máis pequeno de toda a rede. Inicialmente foi un parador de 3 estrelas con 6 habitacións. Recentemente ampliouse cun edificio anexo con 42 novas habitacións, mantendo o equilibrio coa contorna e adquirindo a categoría de 4 estrelas. == Descrición == A estrutura do antigo castelo era de planta poligonal rodeada por unha muralla. A fortaleza tiña tres torreóns, un deles comunicado a través dunha ponte levadiza. A actual torre é de planta octogonal. Trátase da antiga torre da homenaxe do castelo. Levántase en cachotaría de xisto e reservando o uso do granito para os remates e elementos decorativos (ameas e xambas de portas e ventás). == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Páxina do castelo en parador.es

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar