Castro

Castro de Vixil

Boizán · Vilalba · Lugo

Aínda non hai foto de Castro de Vixil

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.27098|-7.70031}}

O castro de Vixil, tamén coñecido como castro de Cunca de Vixil, é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de Boizán, no concello lucense de Vilalba. O castro data dos séculos -II e -I. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM). Accédese ao castro pola N-634 en dirección Baamonde ata o lugar de Alto de Vixil. Dende alí chégase ó castro xirando á dereita.

Descrición

Atópase nun zona costenta. Mide 96 metros no eixo norte-sur e 114 no eixo leste-oeste. A súa área é de 4460 m². Ten forma oval cun único parapeto defensivo de 4 metros de alto e 13,5 metros de anchura media. O parapeto está reforzado por un foxo no sueste.

Arqueoloxía

Descubríronse restos de cerámica (con decoracións moi variadas), materiais de pedra e de metal. Non se documentan materiais romanos. Os restos atópanse expostos no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.

Conservación

Na década de 1970 abriuse unha canteira no seu interior, o cal destruíu o parapeto sur e deixou ao descuberto varias estruturas.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Cultura castrexa

Que é Recinto fortificado

Tamén chamado Castro de Cunca de Vixil

Altitude do punto ≈ 499 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vilalba, a 3,3 km

Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 624 m

No concello viven 13.946 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar