Museo
Museo do Videoxogo
Cangas de Morrazo · Pontevedra · 2019
Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O Museo do Videoxogo (abreviado como MUVI, ás veces estilizado como MUVi) é un museo xestionado pola Fundación Museo do Videoxogo de Galicia. Está dedicado a preservar e reivindicar o videoxogo como elemento cultural, poñendo especial atención ao videoxogo galego. Sitúase no concello de Cangas de Morrazo.
Historia
O Museo do Videoxogo abriu por primeira vez en febreiro de 2019, e trasladouse a un espazo máis amplo en setembro de 2022. Neste novo espazo, ten capacidade para máis de 100 visitantes e diferentes estancias para expoñer as pezas do museo.
Espazos do museo
No museo existen varios espazos, aos que se pode acceder en función da modalidade da visita. Nas visitas de balde pódense ver a exposición principal e a Sala do Videoxogo Galego, onde se conservan e expoñen os videoxogos producidos en Galicia. Nas visitas pagas, pódense visitar ademais a Habitación da Memoria (unha recreación dun dormitorio adolescente dos anos 80), a Zona de Experimentación e o seu Salón Arcade (que recrea un salón de máquinas recreativas).
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Tamén chamado MUVI
Altitude do punto ≈ 21 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Cangas de Morrazo, a 404 m
Ruta que pasa preto Camiño Real Moaña - Cangas do Morrazo, a 314 m
No concello viven 26.698 (2025) · IGE
Para ir
Enderezo Rúa Aragón 2, Cangas
Chegar en bus
- Nazareta 207 mCangas de Morrazo E.A.-Pontevedra E.A. · Herbello (cruzamento de Piñeiro)-Cangas de Morrazo E.A.
- Nazareta 230 mCangas de Morrazo E.A.-Pontevedra E.A. · Herbello (cruzamento de Piñeiro)-Cangas de Morrazo E.A. · CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo-Nazaret · CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo-Nazaret
- Galasa 259 mCangas de Morrazo E.A.-Pontevedra E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
