Cabo e punta
Punta Balea
Cangas de Morrazo

Punta Balea é un enclave natural no concello de Cangas de Morrazo situado en solo protexido. Este espazo abrangue diversos ecosistemas e caracterízase pola súa elevada diversidade biolóxica e ambiental. == Xeografía == O espazo natural de Punta Balea comprende unhas 15 ha de extensión de terreo costeiro na parroquia de Darbo, e abrangue dende as abandonadas instalacións baleeiras de Massó (o nome do sitio fai referencia a este cetáceo) ata a chamada Punta do Niño do Corvo. En Punta Balea destaca a alta densidade de diversos hábitats: Hai espazos de praia con zonas dunares en Areamilla, espazos intermareais e supamareais nas zonas rochosas, e unha pequena zona de leiras hoxe en día na súa maior parte non cultivadas, onde avanzaron diferentes especies de matogueiras (especialmente silvas, toxos e xestas). Esta zona, valiosa dende o punto ecolóxico por servires de lugar de refuxio á fauna e tamén de aniñamento -no caso das aves-, vese presionada polas rozas periódicas. A maiores hai un pequeno bosque poboado por salgueiros, loureiros, sabugueiros etc. == Lagoa da Congorza == O lugar máis emblemático deste espazo natural é a lagoa da Congorza (coñecida popularmente como Lagoa de Massó), unha das escasas masas de auga doce de certa entidade na península do Morrazo. === Fauna === Nela destaca fundamentalmente a riqueza da avifauna, variable segundo o momento do ano e con estancias ocasionais de variadas especies que se encontren realizando os pasos. Algunhas das aves que se poden avistar son o lavanco, a garzota, a garza real, a cerceta (común), a cerceta albela, o pato branco, o picapeixes, o pato rabilongo, a galiña de río e a galiñola negra, o asubiador, o cullerete, o pato frisado... Tamén se achegan dende a costa diferentes especies de gaivota como a patiamarela, a chorona, a cabecinegra, e a escura . Non é estraño topar, dependendo tamén da época, rapaces coma a tartaraña das xunqueiras, azores ou lagarteiros e miñatos, xa sexa nas inmediacións da lagoa. No tocante aos mamíferos, tense constatado a presenza da aguaneira, e tamén do invasor visón americano, que se pode achegar aos niños para depredar ovos ou os polos da roladas. Repecto dos peixes, tense constatado a presenza da anguía. Os meixóns acceden á lagoa a través dun sumidoiro artificial, que conecta o mar coa propia masa de auga doce. Posteriormente, voltarán ao mar para realizar a desova. Finalmente, topamos diferentes anfibios (sapo común, ra verde, antigamente a estroza) e réptiles como a cobra de colar e -tamén especie invasora- o sapoconcho americano. === Flora === Ademais da zona arborada que rodea a lagoa (salgueiros, loureiros, sabugueiros), atopamos a presenza da espadana (cun importante papel ecolóxico en canto que serve de acubillo para a cría de lavancos e galiñolas), o lirio amarelo e o xunco, entre outras moitas especies. == Notas ==
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Baleaa 849 mBueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Vilanova-Hío-Limens-Seixo (Darbo)-Balea-Cangas de Morrazo E.A. · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-CUVI-Hospital Álvaro Cunqueiro · Bueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Cangas de Morrazo-Balea-Seixo (Darbo)-Limens-Hio-Nerga-cruzamento Nerga-Donón (Facho) · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-Hospital Álvaro Cunqueiro
- Baleaa 864 mBueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-CUVI-Hospital Álvaro Cunqueiro · Vilanova-Hío-Limens-Seixo (Darbo)-Balea-Cangas de Morrazo E.A. · Bueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Cangas de Morrazo-Balea-Seixo (Darbo)-Limens-Hio-Nerga-cruzamento Nerga-Donón (Facho) · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-Hospital Álvaro Cunqueiro
- Salgueiróna 924 mBueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Vilanova-Hío-Limens-Seixo (Darbo)-Balea-Cangas de Morrazo E.A. · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-CUVI-Hospital Álvaro Cunqueiro · Bueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Cangas de Morrazo-Balea-Seixo (Darbo)-Limens-Hio-Nerga-cruzamento Nerga-Donón (Facho) · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-Hospital Álvaro Cunqueiro
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.