Igrexa
Igrexa de Santa María de Darbo
Darbo · Cangas de Morrazo · Pontevedra
Foto: Hugo P. · CC BY-SA 2.5 es · Wikimedia Commons ↗
A igrexa de Santa María de Darbo é o templo parroquial de Darbo no concello de Cangas de Morrazo. Sitúase no lugar do Seixo.
Características
De estilo barroco, foi edificada en granito entre os séculos XVII e XVIII, logo de que o antigo templo fose incendiado en decembro de 1617 trala incursión de piratas otománs. Destaca pola súa proporcionada harmonía e a súa influencia colonial. A planta do santuario é de cruz latina, de brazos curtos e bóveda de medio canón. O corpo central da fachada forma unha composición arquitectónica rematada nun frontón semicircular coa imaxe da Nosa Señora de Darbo no centro. Todo iso presidido por unha Cruz sobre base labrada que se alza na parte superior do frontón. Completan o conxunto arquitectónico un cruceiro centenario que se atopa fronte a igrexa e unha fonte barroca.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Dedicado a Santa María
Altitude do punto ≈ 66 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Cangas de Morrazo, a 1,8 km
Ruta que pasa preto Camiño Real Moaña - Cangas do Morrazo, a 1,4 km
No concello viven 26.698 (2025) · IGE
Chegar en bus
- O Seixo (Darbo)a 217 mBueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-CUVI-Hospital Álvaro Cunqueiro · Vilanova-Hío-Limens-Seixo (Darbo)-Balea-Cangas de Morrazo E.A. · Bueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Cangas de Morrazo-Balea-Seixo (Darbo)-Limens-Hio-Nerga-cruzamento Nerga-Donón (Facho) · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-Hospital Álvaro Cunqueiro
- O Seixo (Darbo)a 228 mBueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Vilanova-Hío-Limens-Seixo (Darbo)-Balea-Cangas de Morrazo E.A. · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-CUVI-Hospital Álvaro Cunqueiro · Bueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Cangas de Morrazo-Balea-Seixo (Darbo)-Limens-Hio-Nerga-cruzamento Nerga-Donón (Facho) · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-Hospital Álvaro Cunqueiro
- Canexasa 311 mBueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-CUVI-Hospital Álvaro Cunqueiro · Vilanova-Hío-Limens-Seixo (Darbo)-Balea-Cangas de Morrazo E.A. · Bueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Cangas de Morrazo-Balea-Seixo (Darbo)-Limens-Hio-Nerga-cruzamento Nerga-Donón (Facho) · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-Hospital Álvaro Cunqueiro
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
