Museo

Museo Galego do Xoguete e a Marioneta

Prado · Lalín · Pontevedra · 2001

Museo Galego do Xoguete e a Marioneta, museo en Lalín

Foto: Xas · Public domain · Wikimedia Commons ↗

O Museo Galego do Xoguete e a Marioneta, inaugurado en outubro do 2001, e albergado, dende o 13 de decembro de 2014, no Pazo de Liñares, é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Lalín e compañía de monicreques Viravolta, que aproveita este espazo permanente para mostrar a súa colección de marionetas (máis de 300 pezas) e para fomentar o gozo, estudo e recuperación da arte dos monicreques. O museo amplía cada ano o seu fondo documental coa incorporación de novas pezas, libros, vídeos e outros materiais sobre esta materia.

Descrición

No ano 1998, con motivo do 15 aniversario da primeira estrea como compañía de monicreques de Viravolta, realizouse unha exposición conmemorativa no Museo Municipal de Lalín, que foi o punto de partida para a creación da Casa do títere, onde o concello exerce a titularidade e as compañías Viravolta e Seisdedos son as encargadas da súa xestión. O Museo Galego da Marioneta mantén unha programación estábel, organizando talleres de iniciación, cursos para profesionais dos monicreques e da educación e mostras de teatro de marionetas como Titirientroido, Titirideza e Cantos e Contos de Nadal

Outros artigos

Pazo de Liñares

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 404 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Silleda, a 4,9 km

Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 192 m

No concello viven 20.255 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar