Pazo

Pazo de Anzuxao

Madriñán · Lalín · Pontevedra

Aínda non hai foto de Pazo de Anzuxao

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.71067|-8.18855}}

O pazo de Anzuxao atópase no lugar de Anzuxao, na parroquia de Madriñán, pertencente ao concello de Lalín. O pazo está construído en cantaría de granito de pequeno tamaño con perpiaño nos cantos, ten planta en L e conta cunha escaleira lateral e galería con balaústre de pedra. Conta ademais cunha pequena capela con espadana, solaina, hórreo, lareira e pombal. As orixes do pazo remóntanse a 1713 e relaciónase coa familia Andrade. O escudo da fachada procede do pazo de Calzada (Bendoiro). Na actualidade a carón do pazo está situada unha fábrica de derivados lácteos.

Outros artigos

Pazos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 442 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Silleda, a 5 km

No concello viven 20.255 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar