Pazo
Pazo de Bendoiro de Abaixo
Bendoiro · Lalín · Pontevedra
Aínda non hai foto de Pazo de Bendoiro de Abaixo
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.67972|-8.17583}}
O Pazo de Bendoiro de Abaixo é un pazo galego situado na parroquia lalinense de Bendoiro, na marxe dereita da estrada N-525 ao adiantar Prado.
Historia
Foi construído a finais do século XVIII, segundo se le na capela no ano 1773. Conta cunha gran solaina, unha cheminea de grandes proporcións e un escudo de grandes dimensións sobre o portón de entrada no que se representan as armas dos Arias, López de Lemos, Churruchaos, Taboada e Arias. A arquitectura é amurallada. Manuel Saco Taboada Feijoo, un titular da casa, foi xustiza da torre-fortaleza de Lalín. Nela naceu tamén María Antonia Taboada Bueno, esposa de José María Moscoso de Altamira primeiro conde de Fontao, Moscoso e Altamira, ministro de Gobernación e presidente do Senado na época de Isabel II.
Outros artigos
Pazos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 447 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Lalín, a 5,7 km
Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 142 m
No concello viven 20.255 (2025) · IGE
Chegar en bus
- CEIP Xoaquín Lorigaa 404 mCEIP Xoaquín Loriga-Lalín E.A. · CEIP Xoaquín Loriga-Lalín E.A. · Losón (A Devesa)-Lalín E.A. · Losón (A Devesa)-Lalín E.A. · CEIP Xoaquín Loriga-Losón (bares) · CEIP Xoaquín Loriga-Santiso Xeitoso
- Prado (carnicerías)a 484 mLosón (A Devesa)-Lalín E.A. · Losón (A Devesa)-Lalín E.A. · IES Laxeiro-Alemparte de Arriba · IES Laxeiro-Alemparte de Arriba
- Bendoiro (igrexa)a 491 mLosón (A Devesa)-Lalín E.A. · Losón (A Devesa)-Lalín E.A. · IES Laxeiro-Alemparte de Arriba · CEIP Xoaquín Loriga-Bendoiro (A Laxe) · IES Laxeiro-Alemparte de Arriba · CEIP Xoaquín Loriga-Bendoiro (A Laxe)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.