Museo

Museo Pedagóxico de Galicia

San Lázaro · Santiago de Compostela · A Coruña · 2000

Museo Pedagóxico de Galicia, museo en Santiago de Compostela

Foto: Adrián Estévez (Estevoaei) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Historia

Ten como precedente un efémero museo feito na Coruña en 1926. O centro foi creado pola Xunta de Galicia por decreto o 2 de novembro de 2000, sendo Celso Currás conselleiro de Educación. Logo de catro anos de construción do edificio e procura, restauración, inventario e catalogación do material, foi inaugurado o 21 de outubro de 2004. O edificio, de baixo e dous andares, inclúe unha biblioteca-hemeroteca especializada, sala de investigación, departamento de documentación e conservación, salón de actos, patio de recreo e xogos populares, e obradoiros para nenos e nenas. A colección acolle máis de 50.000 pezas. Delas, moitas están en exposición permanente nos diferentes módulos.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado Mupega

Altitude do punto ≈ 279 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Santiago de Compostela, a 2,7 km

Camiño de Santiago Camiño Francés, a 102 m

No concello viven 100.842 (2025) · IGE

Para ir

Entrada De pago

Teléfono +34 981 540 150

Enderezo San Lázaro, 107

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar