Praia
O Fuchiño
San Miguel de Oia · Vigo · Pontevedra

Foto: Gallego21 · Public domain · Wikimedia Commons ↗
A praia de Xunqueiro é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Recibe outras denominacións como praia do Fuchiño, praia de Fuchiños, praia da Mosca ou praia de Monduíña. Trátase dun areal semiurbano que conta cunha lonxitude aproximada de 600 metros.
Localización e acceso
Está situada no lugar de Canido, na parroquia viguesa de San Miguel de Oia. A parte posterior está delimitada por zonas residenciais. Encóntrase flanqueada en dirección oeste pola praia da Sobreira e ao leste polo porto e pola praia de Canido. Pode accederse á praia desde a estrada PO-325 para tomar posteriormente a rúa Arquitecto Gómez Román. Nesta vía existe un acceso peonil e tamén un pequeno aparcadoiro habilitado. A liña L10 de Vitrasa presta servizo a esta praia, así como o autobús interurbano Vigo-Baiona.
Descrición
Trátase dunha praia estreita e alongada. A area é fina e branca con matices de cor crema. Presenta tamén afloramentos rochosos. O areal conta cun miradoiro sobre a ría de Vigo que permite visualizar a illa de Toralla.
Outros artigos
Canido San Miguel de Oia Illa de Toralla Praia de Canido Praia do Vao
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Praia urbana · Praia de rochas
Lonxitude 600 m
Altitude do punto ≈ 4 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Nigrán, a 5,6 km
Camiño de Santiago Camiño Portugués da Costa, a 293 m
No concello viven 295.735 (2025) · IGE
Chegar en bus
- CANIDOa 372 mGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Playa América-Nigrán-Panxón-Patos-Vigo-Rúa Arenal
- CANIDOa 389 mGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Playa América-Nigrán-Panxón-Patos-Vigo-Rúa Arenal
- CANIDO (ROCINANTE)a 1,1 kmGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.