Praia

Calsoa

Navia · Vigo · Pontevedra

Calsoa, praia en Vigo

Foto: Harpagornis · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia da Calzoa ou praia das Barcas é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha praia semiurbana cunha extensión de 175 metros.

Localización e acceso

Está localizada na parroquia viguesa de Coruxo, concretamente na beira esquerda da desembocadura do río Lagares. Un afloramento rochoso marca o límite coa praia da Foz. Desde a praia de Samil pode tomarse a PO-324 en dirección a Canido para chegar á praia de Calzoa, onde existe acceso peonil e aparcadoiros habilitados. A liña L10 de Vitrasa ten unha parada próxima a este areal. No ano 2025 realizáronse obras de mellora da accesibilidade na contorna da praia da Calzoa.

Descrición

Trátase dunha pequena praia de area fina branca con tonalidade crema. No areal pode encontrarse un tipo de embarcacións tradicionais de pesca, as gamelas coruxeiras, que forman parte do patrimonio cultural desta zona. A praia da Calzoa está catalogada como área de esparexemento canino. O uso canino da praia e a súa limpeza con maquinaria pesada teñen recibido críticas por parte de grupos ecoloxistas, que consideran que estas actividades supoñen un risco medioambiental.

Outros artigos

Coruxo Río Lagares Praia de Samil Praia do Vao

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area dourada · Praia urbana

O chan Area

Lonxitude 270 m

Tamén chamado Praia de A Calzoa

Altitude do punto ≈ 1 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Ponte, a 2,2 km

Ruta que pasa preto Caminho Português da Costa, a 1 km

No concello viven 295.735 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar