Pazo
Pazo da Pena
San Martiño de Manzaneda · Manzaneda · Ourense
Foto: Verónica Iglesias Tahoces · CC0 · Wikimedia Commons ↗
O pazo da Pena é unha casa señorial histórica situada na aldea da Pena (San Martiño de Manzaneda, Manzaneda). A súa orixe remóntase ao século XVI e o seu nome provén da gran rocha sobre a que se ergue o edificio. Tras un longo período de abandono, o pazo foi rehabilitado a comezos do século XXI e actualmente funciona como establecemento de turismo rural, mantendo a arquitectura tradicional e parte do patrimonio etnográfico asociado.
Historia
O pazo foi orixinariamente unha casa fidalga. Na fachada principal consérvase o escudo coas armas dos apelidos Gaioso, Lousada, Quiroga e Domínguez. A construción entrou en decadencia e permaneceu deshabitada durante décadas. A comezos do século XXI impulsouse unha restauración integral, respectando a estrutura e os materiais tradicionais da construción. O pazo reabriu ao público en 2015 adaptado para uso turístico.
Arquitectura
O pazo da Pena ten planta rectangular e dúas torres nos ángulos do edificio. A organización do conxunto estrutúrase arredor de dous patios interiores: O patio do Señorito, arredor do cal se situaban os salóns e dependencias nobres, e o patio dos Caseiros, máis pequeno, asociado ás vivendas e espazos de traballo do servizo. O edificio distribúese en varias plantas. A planta baixa, destinada historicamente a cuadras, almacéns e dependencias auxiliares; a planta principal que albergaba as estancias residenciais da familia propietaria; a planta superior tiña cuartos adicionais e dependencias vinculadas ás torres. Na fachada principal diferénciase a parte nobre, construída en perpiaño de granito, da zona destinada aos caseiros, onde se emprega unha combinación de cantaría e cachotaría. O pazo conserva diversas construcións auxiliares tradicionais, como unha adega, un palleiro, un taller de carpintería e outros espazos de traballo rural. Estas dependencias albergan exposicións etnográficas permanentes' nas que se mostran ferramentas, utensilios agrícolas e obxectos vinculados aos oficios tradicionais do rural galego.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Uso actual Hotel
Altitude do punto ≈ 734 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima A Pobra de Trives, a 4,3 km
No concello viven 767 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Rozavalesa 125 mVILARMEAO (MARQUESIÑA)-MANZANEDA · Vilarmeao (marquesiña)-Manzaneda
- SAN MARTIÑOa 255 mParadela de Abaixo-A Pobra de Trives · VILARMEAO (MARQUESIÑA)-MANZANEDA · Vilarmeao (marquesiña)-Manzaneda · Paradela de Abaixo-A Pobra de Trives
- CIMADEVILAa 267 mParadela de Abaixo-A Pobra de Trives · VILARMEAO (MARQUESIÑA)-MANZANEDA · Vilarmeao (marquesiña)-Manzaneda · Paradela de Abaixo-A Pobra de Trives
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Ponte do BibeiPonte romana
Macizo Central ourensánMonte e serraSouto de RozavalesÁrbore senlleira
Castiñeiro de PumbariñosÁrbore senlleira
Biblioteca Pública Municipal de ManzanedaBiblioteca
Castelo fortaleza de ManzanedaMonumento
Igrexa do Santo Cristo da Misericordia da Pobra de TrivesIgrexa
Igrexa de San Salvador de SobradoIgrexa