Árbore senlleira

Souto de Rozavales

San Martiño de Manzaneda · Manzaneda · Ourense

Souto de Rozavales, árbore senlleira en Manzaneda

Foto: Josep Álvarez Pérez · CC BY-SA 2.5 · Wikimedia Commons ↗

O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales, é un souto de castiñeiros que se atopa na parroquia de San Martiño de Manzaneda (Manzaneda). Neste souto destaca o castiñeiro de Pumbariños, declarado árbore senlleira, que é a súa árbore máis singular xa que ten un perímetro basal de 13 metros e unha base de 1,90 metros. Este souto adevesado e en xeral enxertado empregouse para obter madeira e castañas e pode ter preto de 1.000 anos. Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro e incluído no catálogo de árbores senlleiras en 2007.

Características

O souto ten unha extensión aproximada de 1,8 ha. Os exemplares do souto son enxertados e durante séculos foron aproveitados para a recollida de castañas. O souto está dentro da ruta turística ruta Ourense Oriental da Xunta de Galicia.

Castiñeiro de Pumbariños

O castiñeiro de Pumbariños é un castiñeiro da especie Castanea sativa Mill. O castiñeiro é de máis de 13 metros de perímetro e cunha base, da base ata as pólas, de 1.90 metros. Ten un perímetro medio de 12,15 m (entre 13 e 15 en función da altura do toro) As súas polas principais son de entre 6 e 8 metros e a súa copa abrangue un diámetro de 20 metros. Calcúlaselle unha idade de 500 anos, polo que sería unha das árbores galegas coñecidas máis vella.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Monumento natural · Bosque primario

Extensión 2 m²

Altitude do punto ≈ 738 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Pobra de Trives, a 3,8 km

No concello viven 767 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar