Ponte romana

Ponte do Bibei

A Pobra de Trives · Ourense

Ponte do Bibei

A ponte do Bibei ou Ponte Bibei é unha ponte romana en arco de medio punto pola que a estrada OU-636 atravesa o río Bibei. Une as parroquias de Mendoia (A Pobra de Trives) e A Enciñeira (Quiroga). Xunto coa ponte do Freixo é a ponte romana mellor conservada de Galiza. == Características == A ponte componse de tres arcos cuxas luces son de 6,09 m (lado oeste), 18,51 m (central) e 8,77 m (lado leste) respectivamente (20, 62, 29 en pés romanos). A luz do arco central está determinada pola profundidade do río á altura do piar leste, xa que tería sido necesaria a cimentación a maior profundidade no caso dunha menor luz. É unha ponte ancha, de 6,5 m, mentres que a lonxitude total é de 75 m. A súa altura dende o leito ao lecho ao arco central é de 22,5 m (4) suficiente para evitar as crecidas do río, que hai no lugar. Os piares mostran a estrutura de fábrica Opus quadratum de cantería granítica almofadada. As canterías están traballadas e apiadas sen xuntas nin cuñas, co que se consegue unha resistencia parecida á da propia pedra. As rochas están grampadas entre si con espigos de maderoa dura ou ferro, para darlles máis resistencia. As pías teñen tallamares triangulares augas enriba rematados por uns sombreretes que se engadiron en 1861 con motivo dunhas reformas. Nos lados do río construíronse senllos muros de contención de 9 metros de lonxitude (beira Oeste) e 17 metros (beira Leste). A cornixa actual, formada polo beiril dunha fiada de perpiaños a soga, é moderna. == Historia == A ponte construíuse para o paso da Vía Nova ou vía XVIII do itinerario de Antonino cuxo trazado se finalizou a redor do ano 80 d.C. Probablemente a ponte se levantase durante o mandato de Traxano (114-119 d.C.), dada a súa semellanza coa de Alcántara e diversas inscricións dedicadas ao emperador atopadas na zona. Ao ser a data de construción posterior ao da Vía Nova, pénsase que a ponte actual se levantou sobre unha anterior da que nada quedou. Para a súa construción, elixiuse un lugar onde o río Bibei transcorre encaixado, sendo o leito bastante uniforme cunha profundidade de 3 metros. Neste punto a rocha aflora á superficie, o que permitiu unha boa cimentación. a situación da ponte permitía á Vía Nova salvar os ríos Xares e San Lázaro, xa que estes afluentes do Bibei se atopan máis arriba. Pola ponte pasaron os viaxeiros Licenciado Molina (1550), Ambrosio de Morales (1570) e Ceán Bermúdez que achegaron datos sobre o camiño e sobre a propia ponte. Desde a época romana, nunca perdeu a súa función de obra útil, sendo este feito clave na súa conservación Na segunda metade do século XIX incluíuse a ponte no novo trazado da estrada de Ponferrada a Ourense (Real Orde do 15 de decembro de 1852), ao apoiarse parte do seu trazado nos famosos Codos de Larouco. No século XX transcorreu a estrada N-120 (Logroño-Vigo), actualmente serve de paso para a estrada autonómica OU-636 que comunica A Pobra de Trives con Larouco. Declarouse Monumento histórico-artístico nacional por decreto do 3 de xuño de 1931. Durante a guerra civil varias persoas foron asasinadas na ponte, entre elas Camilo Palmeiro Fernández e Segundo García Núñez. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Vista frontal da ponte en 1867

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar